Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Comisión de calidade
Comisión de calidade

A Comisión de Garantía da Calidade do Centro é o órgano que participa nas tarefas de planificación e seguimento do SGIC, actuando ademais como un dos vehículos de comunicación interna da política, obxectivos, plans, programas, responsabilidades e logros deste sistema.



Competencias

As súas principais funcións son as seguintes:
  • Examina a planificación do SGIC do Centro, de modo que se asegure o cumprimento dos requisitos xerais do Manual do SGIC, da Política e os Obxectivos de Calidade e dos requisitos considerados nas normativas de verificación e certificación correspondentes.
  • É informada polo Decano respecto á Política e os Obxectivos de Calidade da Facultade e difunde esta información a todo o Centro.
  • Recibe e, no seu caso, coordina a formulación dos obxectivos anuais do Centro e realiza o seguimento da súa execución.
  • Realiza o seguimento da eficacia dos procedementos a través dos indicadores asociados a estes.
  • Recibe información do Decano sobre os proxectos de modificación dos diagramas de fluxo e posiciónase ante estes.
  • Controla a execución de: as accións correctivas e/ou preventivas; as actuacións derivadas da revisión do sistema; as accións de resposta ás suxestións, queixas e reclamacións e, en xeral, calquera proxecto ou proceso que non teña asignado especificamente un responsable para o seu seguimento.
  • Estuda e, no seu caso, aproba a implantación das propostas de mellora do SGIC suxeridas polos restantes membros do Centro.
  • Decide a periodicidade e a duración, dentro do seu ámbito de competencia, das campañas de recollida de enquisas de medida de satisfacción dos grupos de interese.
  • É informada polo Coordinador de Calidade dos resultados das enquisas de satisfacción e propón criterios para a consideración das propostas de mellora que poidan derivarse deses resultados.



Membros da comisión

Presidenta

Secretario, responsable de calidade e Coordinador da titulación Grao en Belas Artes
Marcos Dopico Castro (Equipo Decanal)

Coordinadora da titulación Master en Arte Contemporánea, Creación e Investigación

Coordinador da titulación Master en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Enlace de Igualdade 

Representante do profesorado

Representantes do estudantado 
Pilar Picas Abella  (Estudante de Grao)

Representante do estudantado egresado
Román Corbato Pérez

Administrador do centro
Pilar Lores Baena (Representante do administrador do centro en quen delega as súas funcións)

Representante da sociedade
Carlos Rosón Varela