Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Voluntariado
PASOVIGO


Sabes quen son?

É unha exposición que amosa o resultado dos Obradoiros que se realizan dende o programa de voluntariado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en diferentes centros de discapacidade. A través destas imaxes podemos apreciar a forza e creatividade dos que as fixeron, dando a coñecer quen son e o potencial sensíbel e creador que gardan.

 Descargar o catálogo da exposición [pdf]



CapacitART

A exposición CapacitART é o resultado do traballo que veñen realizando alumn@s do voluntariado da Facultade de Belas Artes en diferentes centros de minusvalidez de Vigo e Cangas dende o ano 2011 ao 2013. Isto foi posible grazas ao convenio que en 2011 realiza a Universidade de Vigo con PASOVIGO, (Plataforma de accesibilidade solidaria de Vigo) e cuxo resultados dende a creatividade artística englóbanse en PASOARTE.

Na liña de abrir a Facultade de Belas Artes ao contexto social, que vimos desenvolvendo xa dende hai algún tempo a través de diversas actividades e programas, centramos agora esta exposicón na paraticipación social dende a arte a través do programa de voluntariado da Universidade de Vigo.

Os centros que participaron dende o 2011 nesta colaboración foron ASPANAEX, ASPAVI, DOA (Cangas e Vigo) e APAMP e o total de alumn@s que realizou o voluntariado nestes centros durante estes dous anos foron 19. As coordinadoras son Loreto Blanco Salgueiro, profesora titular da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e comisaria desta exposición e Concepción Somoza Torres, xerente de APAMP.

Estes alumn@s elaboraron un programa de traballo que desenvolven en talleres, de polo menos seis semanas de duración, e a través desta oportunidade realizan a súa primeira incursión pedagóxica na que poden achegar a estes colectivos parte do coñecemento adquirido durante a súa formación.

A experiencia para eles non só é pedagóxica, senón humana, por toda a aprendizaxe que supón realizar estes talleres con estes "provisionais alumn@s". Nesta experiencia os usuarios destes centros convértense, como podemos ver na exposición, en grandes protagonistas, respondendo sempre de xeito fluído e colaborador ás propostas que se lles propón realizar. A relación que se dá durante este voluntariado é en gran parte afectiva, polo amoroso recibimento co que cada semana son recibidos.

Gran parte dos traballos realizados nestes talleres dende o 2011 xa non existen físicamente, debido ao seu carácter efémero, ás súas dimensións e á imposibilidade de almacenamento. Para esta exposición rescatamos algunhas imaxes que aínda permanecen e pensamos teñen a capacidade de mostrar a forza e creatividade dos que as realizaron. O traballo elaborado foi basicamente a partir do debuxo, a pintura e a escultura, aínda que nesta exposición imos ver tan só debuxos e pinturas, unha delas de gran formato. Imaxes que a través de retratos, paisaxes, bodegóns e tamén abstracción, nos invitan a participar e ter coñecemento da súa peculiar visión do mundo.

O desenvolvemento da creatividade e dar unha oportunidade de ampliar as súas posibilidades creativas, así como a súa sensibilidade artística, achega nestes colectivos unha maior autoestima e recoñecemento, dando pasos a favor dunha maior integración social, sendo estes os principais obxectivos que este convenio de colaboración quere promover.