Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Programa de Doutoramento
Estructura e desenvolvemento dos estudos


Procedemento de asignación de titorización e dirección de tese

A cada persoa que acceda ao programa a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) asignaralle, de entre o profesorado adscrito ao programa, un/a titor/a e, no prazo máximo de tres meses desde a data de matriculación, un/a director/a para a realización da súa tese. Tamén lle compete á CAPD a modificación destes nomeamentos e, se é o caso, a autorización da codirección da tese cando concorran razóns de índole académica o de interdisciplinaridade que o xustifiquen. 


Para facilitar a asignación de dirección e tutorización e que esta sexa máis adecuada, as persoas aspirantes a ingresar no programa poderán presentar unha carta de aval dalgún membro do corpo docente do programa (segundo o modelo dispoñible), na que este manifeste a súa disposición para autorizar ou dirixir a tese do ou a aspirante. Esta carta de aval terá carácter informativo e non será determinante para a decisión final da CAPD.


No caso de que un/a docente do programa cumpra os requisitos para exercer tarefas de tutorización e de dirección asumirá as dúas funcións. 


A CAPD, tras escoitar ao doutorando ou á doctoranda, poderá modificar o nomeamento do titor ou titora en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.



Procedemento de elaboración e aprobación do plan de investigación


Antes de seis meses, que se contarán desde a data da matrícula, o doutorando/a elaborará un plan de investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se han de alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para acadalo. O plan deberá ser presentado e avalado co informe do/a director/a e do/a titor/a, ademais de ser aprobado pola CAPD. Este plan poderase mellorar e detallar no proceso de avaliación anual contando co aval do titor/a e o director/a. 

Anualmente a CAPD avaliará o plan de investigación e o documento de actividades e disporá para realizar a avaliación dos informes que para tal efecto deberán emitir o/a titor/a e o/a director/a. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. No caso de avaliación negativa, que será debidamente motivada, o/a estudante de doutoramento deberá ser de novo avaliado no prazo de seis meses, para o que elaborará un novo plan de investigación. No suposto de producirse unha nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa. 




Actividades formativas obrigatorias

Os coñecementos e competencias comúns atenden a tres enfoques: metodolóxico, organizativo e de transmisión.

O metodolóxico fai mención aos apartados da formación que se debe desenvolver e adquirir, co fin de adquirir as competencias necesarias; ó organizativo refírese á integración nas canles, mecanismos e/ou órganos e estruturas de traballo propios da investigación, tanto da Universidade de Vigo como doutros centros de investigación posibles; e a transmisión á posta en público ou transferencia da investigación de modo parcial ou total dentro de actividades como poidan ser a participación en congresos, xornadas, exposicións, premios, bolsas, proxectos, estancias noutros centros, etc.

Cada un destes enfoques constitúese como módulo do programa de estudos que atende a determinadas competencias e ten as súas actividades formativas precisas. Tódolos módulos son de carácter obrigatorio:

Módulo 1
Actividade formativa 1. Recursos metodolóxicos
Actividade formativa 2. Seminario lectura de tese

Módulo 2
Actividade formativa 3. Investigación e estruturas organizativas

Módulo 3
Actividade formativa 4. Transmisión da investigación
Actividade formativa 5. Seminario de transmisión