Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo
Información general
 
Ofertas de titulaciones
 
Estudiantes
 
Sistema de garantía de calidad
 
Mediateca
 
 
 
 
Facultade de Bellas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

fbbaa@uvigo.es
986 80 18 00
Master Universitario en Libro Ilustrado yAnimación
Información básica

Denominación do título:

Máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual.


Modalidade de ensino:

Presencial


Réxime de estudo:

Tempo completo e formación continua.

Periodicidade da oferta:

Anual.


Acceso:

Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orixe para o acceso a ensinanzas de máster.

Tamén poderán acceder titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.


Admisión:

Non se establecen requisitos específicos. Non obstante, se o número de solicitudes é superior ás prazas solicitadas, deberanse realizar dúas probas, valorándose os resultados obtidos nestas probas e o CV. As probas prácticas consistirán na (i) realización de debuxos e modelado dun personaxe e (ii) manexo de ferramentas informáticas elementais.

Número de créditos:

120


Centro de adscrición:

Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Persoa de contacto: Pilar Lores Baena

Tfno: 986 80 18 04

E-mail: secfba@uvigo.es


Obxectivos:

Formación especializada de profesionais de distintos ámbitos na produción e creación de libros e álbum ilustrados e animación audiovisual "stop motion".

Descrición da planificación docente:

O máster, de 120 créditos, impartirase durante dous anos consecutivos de dous semestres cada un. Componse de dous módulos (1-Fundamentos e 2-Procesos disciplinares).  É necesario cursar 66 ECTS de carácter obrigatorio e 24 ECTS de carácter optativo. Ademais é necesario superar o Traballo Fin de Máster (12 ECTS) e as Prácticas en Empresa (18 ECTS), ambos de carácter obrigatorio.


Perfil de ingreso:

Os alumnos que reúnan os requisitos de ingreso, deberán posuír as seguintes características: dobre capacidade para traballar en solitario e en grupo, capacidade creativa, facilidade para o emprego das novas tecnoloxías, sensibilidade estética e sentido crítico, entre outras.


Coordinador:

José Chavete Rodríguez

Tfno: 986 80 18 00

E-mail: chavete@uvigo.es


Páxina web:

http://www.belasartes.uvigo.es/masterenlibroilustradoeanimacion/


Memoria:

Memoria definitiva verificada positivamente


Prezo:

O establecido por Decreto da Xunta de Galicia